Axenda social

36ª Marea Branca

36ª Marea Branca
36 marea branca
36 marea branca
  • Qué: concentración en defensa da Sanidade Pública
  • Cando: domingo 17 de xuño ás 12:30h da mañá
  • Onde: Obelisco

 

Goberne quen goberne, a Sanidade non se vende

 

A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública de A Coruña (CAS) temos combatido con todas as nosas forzas as políticas de privatización e recortes dos gobernos do PP, a alegrámonos da caída de M. Rajoy e o goberno central.

A saída do goberno, aínda que foi provocada pola moción de censura votada por todo o arco parlamentar, a excepción de Cs, é froito da mobilización social, sobre todo das mulleres e do colectivo pensionista.

A saída do goberno do PP, que na Galiza aínda temos que aguantar, pode xerar algunhas expectativas de que algo pode cambiar; de que o desmantelamento da sanidade pública pode ser freado.

Desde a Coordinadora Antiprivatización da Sanidade de A Coruña non podemos ter expectativas no novo goberno, pois non esquezamos que foi o PSOE con Zapatero o que aprobou, co PP, a reforma do artigo 135 da Constitución (que establece que todo gasto social está supeditado ao pago da débeda) e a lei 15/97, que están no fondo do desmantelamento da sanidade pública.

Por iso, reafirmamos os nosos obxectivos de que “goberne quen goberne, a sanidade deféndese”; e por iso estaremos de novo na rúa, como xa o vimos facendo todos os terceiros domingos de cada mes, esixindo a derrogación da lei 15/97, do decreto 2012 e do artigo 135 da Constitución.

36ª Marea Branca