Acampa pola paz e o dereito a refuxio

Acampa fai un chamamento á cidadanía para que lle bote unha man na posta en marcha das actividades previstas para a semana

O campo para as persoas refuxiadas que ocupará os Xardíns de Méndez Núñez do 15 ao 18 de xuño será o eixe ao redor do que se articularán case unha trintena de actividades culturais, divulgativas e lúdicas por toda A Coruña

Acampa fai un chamamento á cidadanía para que lle bote unha man na posta en marcha das actividades previstas para a semana
20170613_193226-min
Pancarta de Acampa na fachada municipal

O respaldo popular ás iniciativas programadas será clave para conseguir chamar a atención das Administracións e forzar a súa intervención fronte á inxustiza e a sistemática violación dos dereitos humanos, segundo os organizadores

Acampa chama aos coruñeses e as coruñesas a botarlle unha man ao proxecto e lanzar unha clara mensaxe contraria á pasividade das Administracións fronte a crise humanitaria das persoas refuxiadas. As posibilidades que abre Proxecto Acampa á cidadanía son de distinto tipo, pero aptas para quenquera. Desde anotarse online en calquera das visitas guiadas e obradoiros programados, ata participaren coa súa tenda de campaña no campo simbólico dos Xardíns. Tamén, traballar como voluntarios en poñer a punto a trintena de eventos de carácter cultural, divulgativo e lúdico que terán lugar por toda a cidade.

A fin última dese apoio cidadán que pretende conseguir Proxecto Acampa é converter as actividades do 15 ao 18 “nun simbólico clamor popular” fronte a inxustiza e o sistemático incumprimento dos dereitos humanos e mais o dereito ao refuxio. Os organizadores non agochan que o Proxecto é un entramado complexo, no que toda axuda é pouca, polo que quere tender unha man á cidadanía que desexe participar activamente, aínda que, por suposto, sempre da maneira que mellor lles acaia a eses coruñeses e coruñesas gustosos de colaborar.

Todos aquelas persoas interesadas en referendar o Proxecto a título persoal teñen onde elixir. O único que precisan facer é navigar no portal web de Acampa e anotarse naquilo que máis lles conveña ou mellor responda os seus intereses: www.acampa.eu 

Aí poderán apuntarse, por exemplo, a algunha das visitas guiadas que se organizarán polo campo que haberá no medio e medio dos Xardíns, ou nesoutras xiras que explicarán polo miúdo a exposición fotográfica que trae Juan Medina á Coruña. Outra posibilidade é que formen parte dos obradoiros que impartirá Patricia Simón.

Proxecto Acampa pon ademais ao dispor dos coruñeses e coruñesas a súa infraestrutura, para que se acheguen e boten unha man no que lles apeteza ou se vexan quen de leva adiante. Igual que, chegado o caso, lles ofrece participar o día da inauguración, o xoves 15 de xuño, no acto simbólico co que se abrirán as actividades.

Xa noutra orde, pero igualmente ao seu dispor, están as campañas de micro-mecenado que iniciou Proxecto Acampa, nas que os que queiran ou podan, teñen a oportunidade de achegar cartos.

O proxecto “Acampa pola paz e o dereito a refuxio” está promovida pola plataforma cidadá “Coruña Contra a Guerra” e soportada, á súa vez, por outras corenta entidades e institucións públicas e privadas, así como por cidadáns a título individual. Mediante esta e outras accións propagandísticas, o Proxecto Acampa, que non ten ánimo de lucro, busca sensibilizar á cidadanía sobre a crise humanitaria que supoñen as persoas refuxiadas e reclamar das administracións a esixible defensa dos dereitos humanos, o Dereito Internacional Humanitario e o Dereito ao Refuxio. 

Acampa fai un chamamento á cidadanía para que lle bote unha man na posta en marcha das actividades previstas para a semana