Pepe Mujica
Ana Miranda traslada a Pepe Mujica o agradecemento polo seu apoio ao BNG
Montevideo, 25 de marzo de 2024.- Durante a reunión, na que tamén participou a exvicepresidenta de Uruguai, Lucía Topolansky, discutiron sobre o terrible xenocidio que sofre o pobo palestino e a necesidade dun alto ao fogo inmediato. Ambos coincidiron en destacar a inadmisible situación de bloqueo de axuda humanitaria por parte de Israel no paso fronteirizo de Rafah.
Ademais, Ana Miranda entregoulle a Pepe Mujica a escultura que lle concedeu a Rede Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio como recoñecemento polo seu traballo en defensa dos dereitos humanos. "Para min é unha honra entregarlle este recoñecemento a unha persoa como Mujica, sempre defensor da paz e os dereitos humanos", manifestou a eurodeputada galega.
Por parte de Mujica, recibiu o recoñecemento con profundo agradecemento e manifestou sentirse conmovido, tomando a homenaxe como unha representación dos compañeiros anónimos que loitaron ao seu lado e xa non están presentes.
Este encontro reforza os lazos entre o BNG e personalidades de relevancia internacional como Pepe Mujica, destacando o compromiso do partido nacionalista galego coa defensa dos dereitos humanos e a loita pola paz en todo o mundo.