Acampa pola paz e o dereito a refuxio
Nove candidaturas aspiran ao Recoñecemento Internacional Acampa á Defensa dos Dereitos Humanos 2024
O Movemento Acampa anunciou as nove candidaturas que compiten polo Recoñecemento Internacional Acampa á Defensa dos Dereitos Humanos 2024. As candidaturas, tanto a nivel internacional como galego, destacan polo seu compromiso e traballo en diversas áreas da defensa dos Dereitos Humanos.
A nivel internacional, figuran destacadas personalidades e organizacións:
- Greta Thunberg: Reconecida polo seu liderado na defensa do planeta, simbolizando a loita contra a crise climática e as súas consecuencias nas comunidades máis vulnerables.
- UNRWA (Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados Palestinos): Pela súa dedicación ao longo de sete décadas atendendo ás persoas refuxiadas palestinas, especialmente no contexto do recente ataque a Gaza por parte de Israel.
- Wael Al-Dahdouh: Xornalista palestino que, a pesar das persoais traxedias vividas, continúa informando ao mundo sobre a situación en Gaza.
- Haydée Castillo: Activista e defensora dos Dereitos Humanos de Nicaragua, exiliada política nos Estados Unidos e víctima da persecución do goberno de Daniel Ortega.
- Bisan Owda: Cineasta e xornalista palestina que retransmite en directo o xenocidio que está a vivir o seu pobo en Gaza.
- Médicos Sen Fronteiras: Organización non gobernamental que destaca polo seu traballo na atención á poboación civil vulnerable en contextos de conflito, con especial mención á súa labor en Gaza.
As tres candidaturas a nivel galego son:
- AGA-Ucraína: Asociación creada en Galicia para dar cobertura aos civís que escapan da guerra en Ucraína, ofrecendo axuda inmediata ás persoas desprazadas.
- Manuel Martín: Portavoz da plataforma SOS SANIDADE Pública de Galicia, polo seu compromiso coa sanidade pública e a súa loita pola atención primaria.
- Fundación Secretariado Gitano: Entidade que traballa pola plena cidadanía das persoas xitanas, mellorando as súas condicións de vida e promovendo a igualdade de trato.
O prazo de votación abrirase o un de marzo e permitirá á cidadanía comprometida cos Dereitos Humanos elixir as candidaturas merecedoras deste recoñecemento.