CGT | nota de prensa
Apoio masivo ao traballador despedido en Xeal por defender a unha traballadora que denunciou acoso sexual
Preto de duascentas persoas – traballadores e traballadoras, veciños e veciñas da comarca, así como personalidades do ámbito cultural, político e sindical - concentráronse o mércores diante da Fábrica de Xeal en Cee para solicitar a readmisión do traballador inxustamente despedido, así como para esixir que a empresa adopte medidas ao respecto do condenado.
Cabe destacar que a xustiza deu a razón a traballadora. Condenando ao Responsable do Servizo de prevención de Xeal ao abono de 8.000 € tras terse probado feitos denunciados.
A empresa segue a protexer ao condenado. De feito o luns pasado a empresa informou ao Comité de Empresa que non tiñan pensado adoitar medidas contra o condenado, xa que se trataba dun tema “delicado”. A representación dos traballadores recriminou a empresa que non utilice a mesma vara de medir para todos os traballadores, xa que mentres que a uns os despide e os sanciona indiscriminadamente, a outros os protexe a pesar de estar condenados xudicialmente.
Dende a CGT esiximos a Xeal a readmisión inmediata do compañeiro despedido, tolerancia cero fronte o acoso sexual, e que deixen de protexer a este tipo de individuos.
O vindeiro mércores día 16 as 17:30 celebrarase outra concentración. Neste caso diante do Concello de Cee.