Acampa pola paz e o dereito a refuxio
Chamamento da Rede Acampa ao voluntariado e ás doazóns para o desenvolvemento do "Odio ou convivencia", o VII Encontro Internacional Acampa pola paz, na Coruña
A organización Acampa precisa carpinteiros e albaneis voluntarios - profesionais ou afeccionados - que axuden a montar o campamento simulado arredor do que xirará nos Xardíns de Méndez Núñez o VII Encontro "Odio ou Convivencia". A súa presenza é necesaria a partir do 12 de xuño. Tamén convida a calquera persoa con conciencia social a facerse voluntaria en Acampa durante uns días, a colaborar no desenvolvemento das diferentes actividades da iniciativa durante a súa celebración, entre o 16 e o 18 de xuño.
Acampa é un movemento sen ánimo de lucro e sen gastos propios en infraestruturas e persoal; todo o financiamento utilízase para labores de sensibilización. Por iso, ao apoio das administracións, empresas e firmas patrocinadoras e simpatizantes, hai que sumar as doazóns de entidades e os voluntarios sensibles á razón de ser desta organización, a defensa dos Dereitos Humanos e o Dereito ao Refuxio.
O campamento simulado, eixo central de cada encontro de Acampa, reproducirá nesta ocasión un dos moitos campos de refuxiados devastados polo odio e polas lapas. Baseado no deseño orixinal da arquitecta brasileira do MST, Cintia Zapata, será executado por Sandra D. Franz e Pedro Abad. Para facelo realidade son necesarios voluntarios. Todas as mans son benvidas. A organización Acampa precisa carpinteiros, albaneis... - profesionais ou afeccionados - a partir do 12 de xuño. Tamén convida a calquera persoa con conciencia social a facerse voluntaria en Acampa durante uns días, a colaborar no desenvolvemento das diferentes actividades da iniciativa durante a súa celebración, entre o 16 e o 18 de xuño.
Para rexistrarte, só hai que enviar un correo electrónico a [email protected] especificando as habilidades e datas dispoñibles.