axuda a domiclio
O Concello de Arzúa e a empresa concesionaria do SAF acusados de ocultar servizos e dereitos aos usuarios
Arzúa, 28 de setembro de 2023.- Os usuarios e usuarias do SAF do Concello de Arzúa teñen dereito a unha bolsa de horas que inclúe servizos como podoloxía (156 horas), fisioterapia (104 horas) e peiteado (150 horas). Estas horas son anuais e non se poden acumular dun ano para outro.
A empresa IDADES SL, que ofreceu a licitación dos servizos no ano 2021, comprometeuse a proporcionar persoal para servizos complementarios como un animador de ocio e tempo libre, un podólogo, un fisioterapeuta, un terapeuta ocupacional, un psicólogo, un técnico de reparación e mantemento dos domicilios, un enfermeiro e persoal de limpeza.
Non obstante, segundo a CGT, estes servizos non se están ofrecendo ás persoas usuarias. A CGT considera grave que o Concello ou as persoas responsables do contrato non informen aos usuarios e familiares destes dereitos. Algunos destes servizos mellorarían o benestar e a calidade de vida dos usuarios e usuarias.
Ademais, denuncian que se lle está dando a orde ás auxiliares de axuda domiciliaria da empresa de facer tarefas que non corresponden coa súa categoría laboral (podoloxía, peiteado ou enfermería, por exemplo), senón que deben ser realizados polo persoal especializado antes mencionado. Isto pode supoñer un risco para persoas con enfermidades crónicas como a diabetes.
A CGT denuncia que IDADES SL non está a cumprir co compromiso que adquiriu cos usuarios do SAF de Arzúa ao non proporcionar os servizos de bolsa de horas, podoloxía, fisioterapia e peiteado. Isto supón un forro anual de 19.800 € para a empresa que deberían ser empregados nos usuarios, segundo se estableceu no contrato asinado co Concello de Arzúa.
O Concello non pode mirar para outro lado e é a súa responsabilidade controlar á empresa adxudicataria e vixiar sobre o trato que se dá aos usuarios.