Derecho a la información

As organizacións de xornalistas reclaman ao goberno actuar para conseguir a liberación de Pablo González

As organizacións, sindicatos, asociacións e entidades asinantes, que engloban e representan ao xornalismo de España, Europa e do mundo, instan o Goberno central a actuar inmediatamente para lograr a liberación do xornalista Pablo González, encarcerado en Polonia desde hai 28 meses.
As organizacións de xornalistas reclaman ao goberno actuar para conseguir a liberación de Pablo González
Pablo-Gonzalez-
Pablo-Gonzalez-

Reclamamos ao Ministerio de Asuntos Exteriores e ao propio presidente de España, Pedro Sánchez, que tome cartas no asunto e inicie, ao máis alto nivel co seu homólogo polaco, os trámites, encontros, negociacións ou iniciativas diplomático-políticas pertinentes para conseguir a liberación inmediata dun xornalista que sofre en chan europeo unha falla democrática, unha detención inadmisíbel desde o punto de vista do Dereito e a liberdade de prensa. Todo menos permitir que un xornalista, Pablo González, sexa a vítima involuntaria do complicado, belicoso e convulso escenario internacional.

Neste sentido, solicitamos poder manter, con urxencia, unha reunión co presidente do Goberno ou, no seu caso, co ministro de Asuntos Exteriores, para expoñerlles a visión que desde a profesión tense da intolerábel situación que está a sufrir o xornalista Pablo González e cales han de ser, ao noso parecer, as medidas para tomar polas autoridades españolas.

Pablo González é un profesional da información que permanece en prisión preventivo desde hai dous anos e medio nun cárcere de alta seguridade de Polonia. Desde hai dous anos e medio, e con absoluta opacidade sobre os cargos que se lle imputan, Pablo González vive en réxime de illamento, con obstáculos permanentes no seu día a día, privado de dereitos elementais, como o da lectura ou contacto regular cos seus fillos e familia, sen acusación formal algunha, sen xuízo, sen presentación de probas…

Somos miles e miles os xornalistas que esiximos respecto polo noso traballo, garantías para que nosa necesaria tarefa na sociedade, informar-contar a verdade, con todos os seus matices e desde a pluralidade de fontes, non sexa tachada impunemente de “espionaxe”.

AGRUPACIÓN DE PERIODISTAS DE CCOO
AGRUPACIÓN DE PERIODISTAS DE UGT
ASOCIACIÓN #FREEPABLOGONZÁLEZ
ASOCIACIÓN VASCA DE PERIODISTAS / EUSKAL KAZETARIEN ELKARTEA
COLEGIO VASCO DE PERIODISTAS / KAZETARIEN EUSKAL ELKARGOA
FEDERACIÓN DE ASOCIACIONES DE PERIODISTAS DE ESPAÑA
FEDERACIÓN DE SINDICATOS DE XORNALISTAS
FEDERACIÓN EUROPEA DE XORNALISTAS
FEDERACIÓN INTERNACIONAL DE XORNALISTAS
REDE DE COLEXIOS PROFESIONAIS DE XORNALISTAS
REPORTEIROS SEN FRONTEIRAS

As organizacións de xornalistas reclaman ao goberno actuar para conseguir a liberación de Pablo González