Galiza Nova | nota de prensa

As organizacións xuvenís soberanistas do Estado únense baixo o lema “Trans* orgullosxs: Autodeterminación de xenero! Blindemos os Dereitos Humanos”

Galiza Nova, Joves PV, Jovent Republicà, Mallorca Nova, Gazte Abertzaleak e Joves d’Esquerra Menorquinista reivindican unha Lei Trans* co berro de “por unha vida digna, autodeterminación de xenero!”

As organizacións xuvenís soberanistas do Estado únense baixo o lema “Trans* orgullosxs: Autodeterminación de xenero! Blindemos os Dereitos Humanos”
Transfòbia-3
Transfòbia-3

As organizacións xuvenís soberanistas do Estado veñen de unirse e publicar un manifesto en apoio á comunidade trans* e en favor dunha lexislación que ampare a autodeterminación de xénero. Galiza Nova, Joves PV, Jovent Republicà, Mallorca Nova, Gazte Abertzaleak e Joves d’Esquerra Menorquinista acompañan a publicación do texto dunha forte campaña nas redes sociais. Todo se enmarca na preparación do día do Orgullo, que igualmente reivindica especialmetne a necesidade de aprobar a Lei Trans estatal.

As organizacións asinantes sinalan que “é un erro pensar que os dereitos cun colectivo exclúen os dereitos do resto: os dereitos suman e multiplican, non restan nin dividen”, e por iso apostan por “facer unha fronte común sendo conscientes das opresións de xénero, sen xerarquizar as violencias, senón téndoas todas en conta”. Engaden que para isto “poñémonos a carón da comunidade LGBTI+ e dos dereitos das persoas trans* e reclamamos unha vez máis unha Lei Trans*”.

Mallorca Nova

A Secretaria Xeral de Mallorca Nova, Maria Victòria Llull, valorou a campaña asegurando que “demostran, unha vez máis, que o soberanismo está unido contra a transfobia. Os dereitos gañámolos se son de todas”. Llul destacou que “non hai soberanía sen todas as liberdades e non hai liberdades sen todos os soberanismos”. 

Joves d’Esquerra Menorquinista

A representante de JEM, Marina Sansaloni, tamén se mostra moi satisfeita e argumenta que é moi necesario unir forzas para poder aprobar unha Lei Trans* e que sexa efectiva e garantista”.

Joves PV

Francesc Roig, secretario xeral deJoves PV - Compromís, asegura que “esta lei, que intenta acadar a igualdade real e efectiva das persoas trans, está facendo abrollar discursos de odio en diversos sectores da sociedade, e sorprendentemente en parte do movemento feminista. O feminismo é a ferramenta das mulleres, e en xeral, de toda a sociedade, para combater as desigualdades e a violencia machista. É por iso que temos que defender os dereitos e liberdades de todas as mulleres, sexan cales sexan as súas outras condicións”.

“A Lei trans aprobada no 2017 no País Valencià supuxo un gran avance respecto á igualdade e garantía de dereitos das persoas trans. Agora é o momento de que estes dereitos se expandan a todo o Estado”, afirma Roig. 

Jovent Republicà

Lara Carbonell, responsable da secretaría de Feminismes de Jovent Republicà afirma que "os Països Catalans temos claro que deben ser un espazo seguro para todo o colectivo LGTBI". Neste sentido, defende que “isto só será posible se conseguimos estar organizadas contra o fascismo”. 

Carbonell puxo en valor o papel das persoas trans como precursoras do movemento de liberación LGTBI+: "Se hoxe estamos aquí é tamén grazas a todas as mulleres trans que decidiron non calar diante das inxustizas. Agora non é o momento de darlles ás costas, todo o contrario”.

Galiza Nova

A responsábel da Asemblea LGBT de Galiza Nova, Iria Carreira, sinalou que a importancia de continuar avanzando para aprobar a Lei Trans. “En Galiza xa chegamos a ter unha Lei Trans no Parlamento Galego, que foi vetada polo Partido Popular; resulta aberrante que o PSOE que nun principio a apoiou, agora a rexeite reiteradamente no Congreso”. Ademais, engadiu, “só o soberanismo está mostrando as debilidades deste Estado, por iso cómpre continuar avanzando para conseguir a liberdade para todas”.

Gazte

En nome de Gazte Abertzaleak, Galder Agudo sinala que la Lei Trans*, como todos os avances sociais, aportan dignidade e igualdade, sen quitarlle ningún dereito a ninguén. Neste sentido, engade que “é tempo de continuar coas anteriores vitorias do movemento LGBT+ e aprobar unha Lei Trans* que cumpra coas demandas do propio movemento”.

As organizacións xuvenís soberanistas do Estado únense baixo o lema “Trans* orgullosxs: Autodeterminación de xenero! Blindemos os Dereitos Humanos”