Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia | nota de prensa

Reconocimiento Arcoíris á asociación Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia

O Ministerio de Igualdad, a través da Dirección General de Diversidad Sexual y Derechos LGTBI fará entrega do Reconocimiento Arcoíris á asociación Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia, nun acto que se celebrará en Madrid o vindeiro 28 de xuño de 2021, polo traballo desenvolvido polo profesorado do sistema educativo galego e educadores e educadoras de ensinanzas non regradas que forman parte da Rede.
Reconocimiento Arcoíris á asociación Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia
IES-Politecnico-de-Vigo-e1620295013357
IES-Politecnico-de-Vigo-e1620295013357 (imaxe de Rede LGBTIQ+)

Trátase dun recoñecemento de Boas Prácticas de inclusión da Diversidade Sexual e de Xénero no ámbito educativo que contribúen ó logro dunha sociedade máis cohesionada, igualitaria e xusta na que as persoas LGBTI se sintan máis libres e seguras para expresarse en todas as súas dimensións.

Quen somos

A Rede Educativa de Apoio LGTBIQ+ de Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro pioneira no ámbito do estado español que está formada por profesorado en activo que desenvolve as súas tarefas no contexto educativo regrado e non regrado de Galicia.

Todas as persoas que formamos parte da rede compartimos o claro compromiso de incluír e visibilizar a realidade LGBTIQ+ en todos os contextos educativos co obxectivo de combater os prexuízos LGTBIfóbicos que constitúen a base sobre a que se sustentan as condutas discriminatorias, a invisibilización e o acoso por orientación sexual ou identidade de xénero.

A asociación constituíuse o 9 de maio do 2020 e conta con máis de 80 docentes, educadores e educadoras asociadas o longo de toda a xeografía galega.

Reconocimiento Arcoíris á asociación Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia