Residencias, un ano despois: nin recursos nin investigación

Vellez de Dignidade, que agrupa colectivos de familiares de usuarias de centros de maiores, denuncia o abandono da Xunta que non dota nin recursos nin persoal ás residencias e a pasividade da Xustiza á hora de investigar unha catástrofe sanitaria na que morreron case 800 anciás e anciáns.
Residencias, un ano despois: nin recursos nin investigación
WhatsApp Image 2021-03-11 at 11.30.54
Protesta en Barreiro, centro de Domus Vi, o verán pasado.

Case a metade dos maiores mortos en Galica o foron nas residencias a pesar de que nelas so viven o 3 % deles, denunciaron este xoves familiares de usuarias de residencias agrupadas en Vellez e Dignidade. Despois de doce meses convivindo coa covid, as familias advirten: "non imos esquecer o que pasou nin renunciaremos a que se investiguen as causas e os responsábeis do que pasou en moitos centros de grandes empresas como os de DomusVi, casos como Barreiro e Aldán, ou nos da Fundación San Rosendo no Incio (Lugo), A Farixa e Os Gozos (ambas en Ourense) ou en centros privados máis pequenos como Celanova".

María Rodríguez, de ADUR, e Xosé Bernárdez, de Vellez Digna, compareceron nunha rolda de prensa virtual acompañadas por representantes da asociación de traballadoras de residencia TREGA para denunciar que no Parlamento de Galicia non se teña activado a comisión de investigación que reclamaron as familias. Tamén, lamentaron a falta de avaliación e explicacións por parte das consellerías de Política Social e de Sanidade. "O conselleiro á fronte deste último departamento saíu do goberno sen dar explicación ningunha, o mesmo que algúns dos principais responsables de segundo nivel de Política Social", lembraron.

Non imos esquecer o que pasou nin renunciaremos a que se investiguen as causas e os responsábeis do que pasou en moitos centros de grandes empresas como os de DomusVi, casos como Barreiro e Aldán, ou nos da Fundación San Rosendo no Incio (Lugo), A Farixa e Os Gozos (ambas en Ourense) ou en centros privados máis pequenos como Celanova".

PIDEN CESE DE CONSELLEIRA DE POLÍTICA SOCIAL

As familias advirten que cando chegou a segunda onda e a terceira, "moitas residencias seguían igual, baixo mínimos". "De feito -subliñan- no único no que as residencias foron estritas, incluso moito mais alá das normas establecidas, foi en limitar e impedir as visitas dos familiares". Coas traballadoras sen medios, lembran, volveu haber residencias con contaxios masivos. "Malia isto, a concelleira Fabiola García e o presidente Feijóo seguen sen poñer os medios de inspección necesarios para obrigar ás residencias a cumprir a lei", din as familias que pediron o cese da máxima responsábel de Política Social. 

Segundo o colectivo, diversos estudos sobre o envellecemento demostran que o illamento social ten efectos prexudiciais na saúde mental, no funcionamento físico e cognitivo e en na lonxevidade, "pero un ano despois os afectados seguen sen recibir rehabilitación algunha".

"A xustiza no pode ser indiferente ante case 800 mortos. A Valedora do Pobo tampouco", critican as familias, que sinalan que segue sen se coñecer os mortos de cada residencia antes de agosto. "Esa ausencia de datos so favorecen aos responsables, e prexudican aos cidadáns". Tampouco é público o número de denuncias que se presentaron contra as residencias, e cantas inspeccións se fixeron e cantas acabaron en expedientes e/o sancións. "A Xunta protexe con esta opacidade non so a DomusVi e á Fundación San Rosendo, tamén e outras, senon tamén a súa propia  con mala xestión", sosteñen os familiares.

CARA O FUTURO: ABRIR AS RESIDENCIAS ÁS FAMILIAS

"Pedimos implicación da inspección de Sanidade. E pedimos que se normalicen as visitas de familiares", explicaron Rodríguez e Bernárdez durante a súa comparecencia. As familias queren que se solucionen as carencias de atención que aínda están a sofrir os maiores por falta de medios e persoal; e que se atenda tamén ás necesidades das traballadoras, "que foron as verdadeiras heroinas das residencias e que seguen na mais absoluta precariedade, nin ser recoñecidas nin escoitadas".

Ademais, o colectivo traballa nun deseño para o futuro modelo de residencias, no que avanzan, as familias "deben ter participación" na xestión dos centros, unha porta que se abriu a finais do pasado verán na residencia de Celanova e que as familias non dan por fechada e queren abrir en todos os demais casos.

Residencias, un ano despois: nin recursos nin investigación