Colectivo Renda Básica da Coruña | nota de prensa

XXI Simposio Red Renta Básica

Os días 28 y 29 de octubre A Coruña acollerá o XXI Simposio da Red Renta Básica (sección oficial de la Basic Income Earth Network), organizado polo Colectivo pola Renda Básica de A Coruña, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG)  e o Concello da Coruña, coa colaboración da Universidade da Coruña e da Deputación, entre outras entidades. O evento desenvolverase no Paraninfo da UDC.
XXI Simposio Red Renta Básica
CARTAZ XXI SIMPOSIO
CARTAZ XXI SIMPOSIO

Celébrase na nosa cidade para poñer en valor o compromiso adquirido polo Concello en outubro do ano 2018 para  fomentar o debate público sobre a Renda Básica Universal, mediante a aprobación por parte de todos os grupos políticos dunha moción nesta liña.  Preténdese dar visibilidade á  RBU, colocándoa na axenda cidadá e política e procurando a participación de activistas e investigadoras/es sobre Renda Básica procedentes de distintos puntos do estado. 

O programa proposto para este XXI Simposio da Rede Renta Básica: ”Colocando a vida no centro”, pretende combinar distintas perspectivas que achegan un marco diverso, capaz de reflectir a vitalidade da RB como proposta cada vez más recoñecible nos seus trazos principais. 

SIMPOSIO VENRES
SIMPOSIO VENRES

Desde unha perspectiva multidisciplinar queremos ofrecer alternativas que nos permitan pensar como desenvolver  proxectos de vida mellores, máis respectuosos coas persoas e as contornas que habitamos, como consecuencia de articular un estado do benestar no que a RB sexa unha peza fundamental. 

Canto as persoas destinatarias do evento está aberto á cidadanía en xeral,e, de xeito particular, buscouse a complicidade de entidades sociais, así como dos colexios e asociacións profesionais que operan no ámbito dos servizos sociais. Estes colectivos contan con espazo propio no Simposio, un “Café do Mundo” e unha mesa redonda, respectivamente. Preténdese coñecer a percepción das entidades sociais e dos colexios profesionais sobre a RBU, desde o punto de vista do impacto para as persoas coas que traballan e do seu desenvolvemento profesional. 

Canto ás temáticas, dáselle continuidade a contidos abordados noutras citas promovidas pola Rede, ao tempo que se propoñen análises novidosas nos seus contidos e enfoques.. Preténdese coñecer en que punto nos atopamos a respecto de varias das estratexias de implantación da RB en diferentes territorios. Esta reflexión de conxunto pode achegar claves para avanzar no desenvolvemento operativo das súas propostas e na acollida que se vai percibindo por parte da cidadanía. 

SIMPOSIO SÁBADO
SIMPOSIO SÁBADO

Esta edición do Simposio mantén unha das liñas habituais de traballo asociada á perspectiva feminista, que cada vez conta cun maior número e variedade de reflexións. Un dos temas novidosos é o das repercusións que se poden derivar de contar cunha RB para poder desenvolver un proxecto de vida asociado ao ámbito cultural, especialmente precarizado. Nese ámbito hai un movemento favorable á RB o que ten un valor engadido para a súa difusión.  

Desde o punto de vista das relatoras combinouse a presenza de persoas que son referentes recoñecidos internacionalmente, no ámbito estatal ou en Galicia, ás que se unen novas voces que achegan un discurso propio sobre a RB.

XXI Simposio Red Renta Básica