Ecoloxistas en Acción | nota de prensa
Demandan unha moratoria sobre a minaría submarina
Ecoloxistas en Acción solicitou por rexistro a todos os concellos costeiros galegos, deputacións e parlamento que aproben mocións a prol dunha moratoria da minaría submarina que de desenvolverse no banco galego afectaría gravemente ao medio mariño.
O Congreso Mundial da Natureza da UICN, na súa sesión en Marsella, aprobou co voto a favor de 81 estados e 577 organizacións solicitar a todos os seus estados membros que apoiaran unha moratoria sobre a minería dos fondos mariños, sobre a emisión de novos contratos de explotación e exploración e a adopción de regulacións de minería dos fondos mariños para a explotación, incluídas as regulacións de 'explotación' por parte da Autoridade Internacional dos Fondos Mariños (ISA).
A minería submarina converteuse nunha das principais ameazas á integridade dos fondos mariños, un ambiente moi pouco coñecido e estudado. Trátase dunha actividade con enormes impactos potenciais, desde os efectos tóxicos das plumas de sedimentos e metais pesados en toda a cadea trófica ata a liberación de gases de efecto invernadoiro secuestrados nos fondos oceánicos, pasando pola destrución irreversible da biodiversidade mariña.
A frota pesqueira galega sería unha das máis expostas á afección dos recursos pesqueiros, xa que os efectos da minería submarina poderían afectar o 15% das súas capturas de túnidos no Océano Pacífico e o 10% das capturas de barcos galegos na dorsal do Atlántico. Ademais, o crecente interese por potenciais depósitos minerais en augas do Estado español (incluído o chamado “Banco de Galicia” fronte ás costas galegas, que xa sufriu o afundimento do Prestige) poría en risco os principais caladeiros de proximidade.
A destrución ou extinción de especies, provocadas pola minería submarina, podería impedir ademais o descubrimento de novos medicamentos asociados a formas de vida das profundidades oceánicas. Sen ir máis lonxe, o test da COVID-19 desenvolveuse utilizando unha enzima illada dun microbio que se encontrou en respiradoiros hidrotermais de augas profundas, un hábitat moi escaso e agora baixo a ameaza da minería de augas profundas.
Numerosos organismos e entidades, como o Parlamento Europeo, a Comisión Europea, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN), o Consello Consultivo da Frota Comunitaria de Longa Distancia (LDAC), o Consello Consultivo para as Especies Peláxicas (PelAC), WWF, Greenpeace, Fauna&Flora International, Ecoloxistas en Acción e Deep Sea Coalition, entre outras, documentaron e alertaron sobre os impactos coñecidos ou probables da minería submarina. Ademais, empresas do sector da tecnoloxía e da automoción como Google, BMW, Volvo, Philips ou Samsung subscribiron unha chamada conxunta para unha moratoria sobre a minería de augas profundas comprometéndose a non obter ningún recurso mineiro do leito mariño.
Recentemente, o Parlamento Europeo fixo un chamamento na súa resolución de 9 de xuño de 2021 sobre a Estratexia da UE sobre a Biodiversidade para 2030 “Devolver a natureza ás nosas vidas” (2020/2273(INI)) pedindo (parágrafo 184) aos Estados membros “que promovan unha moratoria, tamén na Alta Autoridade para os Fondos Mariños, sobre a minería submarina ata que se teñan estudado e investigado suficientemente os efectos da minaría submarina no medio ambiente mariño, a biodiversidade e as actividades humanas no mar e se poida xestionar a minaría submarina para garantir que non se perda biodiversidade mariña nin se degraden los ecosistemas mariños”.
Ante a imperiosa necesidade de evitar este desastre ambiental, Ecoloxistas en Acción solicita ás administracións locais, provinciais e autonómica galegas que insten ao Goberno do Estado para que promova e defenda ante a Alta Autoridade dos Fondos Mariños (ISA) unha moratoria da minería submarina ata que se teñan estudado e investigado suficientemente os seus efectos no medio ambiente mariño, a biodiversidade e as actividades humanas no mar e se poida xestionar a minaría submarina para garantir que non se perda biodiversidade mariña nin se degraden os ecosistemas mariños.
La organización ecoloxista tamén solicita que se inste ao Goberno do Estado para que adopte unha prohibición da minaría submarina nas augas baixo a súa xurisdición nacional e exclúa explicitamente a posibilidade de realizar esta actividade nas Áreas Mariñas Protexidas e Áreas Mariñas de Importancia Ecolóxica o Biolóxica, incluíndo o Banco de Galicia frente ás costas galegas.