medio ambiente

Ecoloxistas en Acción presenta a súa campaña escolar sobre usos dixitais

A campaña, titulada “Escola saudábel, internet só por cable”, busca minimizar a exposición a radiofrecuencias nas aulas, regular o acceso e tempos de uso das pantallas e primar a interrelación non dixital na aula entre profesorado e alumnado.
Ecoloxistas en Acción presenta a súa campaña escolar sobre usos dixitais
radiofrecuencias
radiofrecuencias

A iniciativa tamén aborda as problemáticas asociadas ao proceso de dixitalización das aulas e da sociedade, dende a contaminación electromagnética á contaminación dixital, pasando pola súa problemática ambiental e socio-pedagóxica implicada. Para presentar a campaña, Ecoloxistas en Acción conta con dous relatores que falarán dos eixes desta campaña sobre usos dixitais e os seus resultados da súa investigación que mostran o “efecto negativo do TIC sobre a aprendizaxe, a súa insostíbel pegada ambiental e o malgaste de recursos económicos, materiais e persoais”.

O debate final invitará a reflexionar sobre a procura de contornas dixitais apropiados ao desenvolvemento de nenas e nenos, con aplicacións tecnolóxicas biocompatíbeis, éticas e sostíbeis. A campaña xa foi presentada en primicia no 2022 na Casa da Cultura de Redondela, organizada conxuntamente pola Federación de ANPAS de Redondela e a Federación de Ecoloxistas en Acción Galiza.

A presentación da campaña será o vindeiro venres 12 de maio e será emitida en directo na sede social confederal de Ecoloxistas en Acción. Con esta iniciativa, Ecoloxistas en Acción busca concienciar sobre a importancia da formación socio-ambiental e da protección da saúde no ámbito dixital, especialmente no contexto actual de emerxencia planetaria e hiperdixitalización.

Ecoloxistas en Acción presenta a súa campaña escolar sobre usos dixitais