Ecoloxistas en Acción | nota de prensa
Máis de un milleiro de participantes na XI Limpeza Simultánea de Praias
Nesta undécima edición da Limpeza Simultánea de Praias retirouse, en total, case unha tonelada de lixo dos nosos areais. Aínda que o tempo non acompañou, non foi impedimento para a maioría das persoas voluntarias realizaran a acción, aínda que algunhas foron canceladas e intentarán facelo ao longo desta semana.
Na actividade coordinada por ADEGA, participaron centros de ensino, asociacións, escolas de surf, particulares de todo o territorio galego, que traballaron de xeito organizado na praia elixida por eles mesmos.
De entre o lixo retirado, tiveron moita presenza as cabichas, os pauciños dos ouvidos, algunhas máscaras e, como vén sendo habitual restos plásticos. Ademais, adoitan aparecer residuos menos convencionais como calzado, traxes de baño, bidóns antigos, garfos...
Con este tipo de accións, a organización pretende poñer o foco sobre a problemática dos residuos nos nosos areais despois da tempada turista así como a importancia de conservar a nosas praias libres de lixo, evitando que acabe no mar. Ademais, ADEGA incide en que as limpezas de praias non deben de ser feitos illados, e convida a calquera persoa a recoller o lixo do noso litoral sempre que poida e de xeito manual, respectando os ecosistemas dunares, e tendo especial coidado coa fauna e flora que nelas habita.
ADEGA agradece enormemente a participación de todas as persoas que organizaron e participaron como voluntarias en todas as limpezas.
Listaxe de colectivos participantes
IES a Basella, CEIP de Ardán, IES Monte da Vila, AETNA, CEE San Rafael, IES de Arzúa, Prado surf, CEIP de Cangas, A semente Vigo, IES AS Bizocas, CEIP de Portosín, Concello de Nigrán, Prado Surf, CEIP de Foz, AJPS, Concello de Fisterra, CEIP San Roque de Darbo, Agrupación Instrutiva de Caamouco, Concello de Ares, IES Poio, CEIP Plurilingüe A Laxe, CEIP de Mallón, ANPA do San Xoán de Filgueira, Concello de Muros CPI A Xunqueira, CEIP de Louro, Scout Chan, CEIP Ramón Artaza, Asco_ Prato_Do, IES Armando Cotarelo Valledor, CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío, EEI de Muros, IES Primero de Marzo, CEIP Portonovo, ADEGA Lugo, EOI VIGO - CANGAS, particulares no Ancoradoiro e Mourisca, CPR Colexio Plurilingüe os Franciscanos e Asociación de Veciños de Espiñeira.