Foro Galego de Inmigración | nota de prensa
Non á militarización da fronteira Sur
Non ás devolucións "en quente"
Non aotratamento racista da realidade migratoria
O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN en relación coa situación que se está a producir en Ceuta, denuncia:
1.- A militarización da Fronteira Sur é un feito inédito en relación co tratamento da migración no Estado Español. Non debemos aceptar este gravísimo xiro dado polo goberno español coa utilización do exército para estas actuacións.
2.- Diferentes pronunciamentos do Tribunal Supremo, do Tribunal Constitucional e da UE, consideran ilegal a realización das chamadas “devolucións en quente”, que segue a realizar de forma impune o goberno español (neste caso directamente “televisadas”). Debe cumprirse a Lexislación e os procedementos que ésta establece. Non hai na actualidade nas praias de Ceuta, interpretes, avogadas ou organizacións, segundo establece a normativa, para que as persoas que chegan poidan acollerse, por exemplo, ao dereito de asilo ou de protección internacional
3.- De novo, queren metérnos medo coas cifras, outra vez falseadas: Marrocos, por mor da Pandemia de Covid 19, ten pechadas as súas fronteiras. Polo que dende hai meses non é posible ese movemento habitual de miles de persoas marroquinas que diariamente acuden a Ceuta a traballar e regresan pola noite. Esas miles de persoas responden en boa medida a estes movimentos habituais nesta cidade fronteiriza. Non se trata de “invasión” algunha.
4.- Esta realidade migratoria habitual, con focalizacións por parte dos medios e dos políticos nos momentos que lles interesa, non debe xustificar discursos e interpretacións racistas por parte de grupos políticos e sociais. NON PERMITAMOS ESE DISCURSO DO ODIO QUE ALGÚNS TRATAN DE LANZAR.