Sanidade pública | nota de prensa

Reunión de médicos de atención primaria

O Colectivo de médicos de atención primaria de A Coruña celebrou a súa segunda reunión o xoves 24 no colexio de médicos de A Coruña.

Reunión de médicos de atención primaria
20190123_CS Adormideras
Centro de Sáude de Adormideras

O motivo destas reunións é buscar melloras á sobrecarga asistencial crónica que se está a padecer nos centros de saúde, coa consiguiente repercusión no resto do sistema (puntos de atención continuada, servizo de urxencias hospitalario e plantas de hospitalización).

Acordouse:

  • - Facer paros de cinco minutos os mércores ás 12 da mañá e ás 18 horas.
  • - Promover a constitución dunha coordinadora galega co resto de áreas sanitarias.
  • - Apoiar a manifestación do 10 de febreiro en Santiago de Compostela convocada por SOS Sanidade Pública.
  • - Continuar coa recollida de sinaturas nos centros de saúde en apoio dunha serie de reivindicacións 
  • - Ter a seguinte reunión o martes 5 de febreiro.
Reunión de médicos de atención primaria