Os Mallos

Festas nos Mallos

Volvemos as datas tradicionais das festas do barrio 30 de xuño, 1 e 2 de xullo, estamos de festas nos Mallos
Festas nos Mallos
Festas nos Mallos
Festas nos Mallos

A finais de xuño e nos primeiros días de xullo, teremos diversas actividades lúdicas e festivas no barrio. Estas actividades realizaranse por distintas rúas e zonas do barrio, onde se poderá desfrutar dun fin de semana cheo de alegría, con sesións de vermouth, animación das tradicionais gaitas polas rúas, deporte, bingo... e tamén, como non, axuda solidaria!

As festas son organizadas pola Plataforma Veciñal Os Mallos e o Concello da Coruña.

A Plataforma Veciñal quere transmitir e reforzar o apoio solidario na actividade da tarde do sábado no Bingo. Desde a Plataforma Veciñal e sabedores de que a unión fai a forza, un dos nosos obxectivos, xa sexa diante dun problema persoal de calquera veciño ou un problema que nos afecte a todos, marcámonos un reto: non amedrentarnos. A través destas festas queremos organizar algo que contribúa ao benestar de todas as familias vulnerables do concello, eses veciños que non o están a pasar ben economicamente. Queremos demostrar á cidadanía que Os Mallos é un barrio SOLIDARIO. Obxectivo: Reunir 500 kg de comida non perecedeira que serán destinados á Cociña Económica.

Instalaremos un bingo solidario na rúa Ángel Senra o sábado ás 18 horas. Para participar, tedes que entregar 1 kg de comida non perecedeira. Para os premios contamos coa colaboración do comercio e da hostalaría do barrio. E se non desexas xogar ao bingo e si colaborar en conseguir os 500 kg, podes achegarte e deixar a túa achega de comida. Ao rematar o bingo, contaremos coa colaboración de Protección Civil, que serán os encargados de trasladar os alimentos á Cociña Económica.

Programa das festas

Venres 30

22h Verbena Dúo KARAMBA, Avenida Mallos con Eugenio Carré
Sábado 1 de xullo

Mañá:

Alborada con Gaiteiros que percorrerán a Avenida Mallos - Sardiñeira - Ronda Outeiro

Mediodía

14h Sesión de Vermouth GRUPO SOLOS 
Rúa Francisco Catoira, na Vinoteca Confort, o dono do establecemento, doará as ganancias da sesión vermut para a Cociña Económica

Tarde:

Bingo Solidario 
18h Ángel Senra 

Animámoste a participar! Trae un quilo de comida (sen alcohol), así poderás participar e ser solidario coa Cociña Económica, á que se entregarán todos os alimentos recollidos. Encargarase Protección Civil de realizar a entrega á Asociación Benéfica. O obxectivo é doar 500 quilos de comida, para todas as persoas que o precisan.

Os premios aos agraciados do Bingo serán doados polos comercios e a Hostalería dos Mallos.

Noite

  • 21:30h Actuación de AIXA ROMAY 
  • 23:30h DISCO – MÓVIL
    Na explanada da Feira, detrás do bar Puerto Rico.

Domingo 2 de xullo rematando a festa

  • 11h ás 13h XORNADA DE DEPORTE. Na explanada da Feira, detrás do bar Puerto Rico.
  • GAITEIROS zona Xuzgados, Ángel Senra, Praza Monforte.

Mediodía para pechar as festas

  • 12:30h SESIÓN DE VERMOUTH na Ramón Cabanillas con Sofía Casanova.
  • 12:30h Coral.
  • 13:30h Dúo Maracaibo.

Festas nos Mallos