Axenda cultural
A Livraria Suévia acolle dous ContaContos gratuitos esta semana
A Primavera e o Día da Nai serán os temas protagonistas dos Contacontos
A Coruña, 2 de maio 2019.- A Livraria Suévia (r/Vila de Negreria, 32) acolle mañá Venres 3 ás ás 18.30h un ContaContos de Primavera. Contaranse tres historias baseadas nos seguintes títulos:
- -Los monstruos tienen miedo a la luna de Marjene Satrapi da editorial Astronave
- -El gran día de François Roussel da editorial Picarona
- -Estoy contigo de Cori Doerrfeld da editorial Beascoa
A continuación haberá un Obradoiro no que @s pequen@s poderán facer un Comedeiro para paxaros, que logo colgarán nas árbores do barrio.
O Sábado 4 de maio ás 12.00h haberá un ContaContos Especial polo Día da Nai. Contaranse tres historias baseadas nos seguintes títulos:
- -Max e os Superheroes de Rocio Bonilla da Editorial Algar
- -Quiero una mamá-robot de Davide Cali da Editorial Laberinto
- -Mamá al Galope de Jimena Tello da Editorial Flamboyant
A continuación haberá un Obradoiro no que @s pequen@s poderán facer agasallos para o Día da Nai.
As activiades son gratuitas e non é preciso anotarse previamente. Están recomendadas para nenos e nenas a partir de 3 anos.