Axenda cultural

A Livraria Suévia celebrará o Día do Libro Infantil con varias actividades ao longo da semana

A Livraria Suévia celebrará o Día do Libro Infantil con varias actividades ao longo da semana
Cartaz-Día-Libro-Infantil
Cartaz-Día-Libro-Infantil
  • O venres 6 de abril, ás 17.00h, ContaContos e Presentación de Pintasias de Ana Vila. Contaremos coa poeta e labrega Ana Vila, que contará algunha historia aos nenos e nenas. Presentaranos "Pintasía" un libro de poesías e debuxos para colorear. Un precioso libro homenaxe os avós e avoas e que transmite o respeto pola natureza. Tamén asinará o seu último poemario "Latexos"
  • Sábado 7 de abril, ás 12.00h ContaContos + Obradoiro para realizar un Bote da Calma. Queremos celebrar o Día do Libro Infantil contando as historias preferidas das/os nosas/os espertas/os .
    Por iso necesitamos que os pais e nais nos envien ao facebook ou por mail unha foto, video ou simplemente nos digan cal ou cales son os libros ilustrados preferidos dos seus nenos/as. De entre todas as propostas escolleremos 5/6 títulos que serán os que contemos no Contacontos.
    Ao remate do ContaContos, teremos un obradoiro para que cada neno/a faga o seu propio BOTE DA CALMA. Para participar no obradoiro é preciso que cada neno/a traia un bote pequeno con tapa. Pode ser de cristal ou de plástico. O importante é que sexa transparente e cun tamaño manexable na man da nena/o
 
Esta actividade busca promover o gusto pola lectura entre @s máis pequen@s e encádrase dentro do programa de actividades estables de promoción da lectura da Livraria Suévia. Ditas actividades son de balde e non é preciso inscribirse.
 

 

A Livraria Suévia celebrará o Día do Libro Infantil con varias actividades ao longo da semana