Axenda Cultural

A Livraria Suévia celebra o Día da Metereoloxía cunha visita ao Observatorio e cun Contacontos cheo de fenómenos metereolóxicos

O próximo sábado 24 de marzo, ás 11.45h, a Livraria Suévia (r/Vila de Negreira, 32), celebra o Día da Metereoloxía. Grazas a colaboración do Observatorio Metereolóxico da Coruña, realizarase unha visita ao observatorio da rúa Canceliña, para que @s nen@s poidan ver como se lanza o globo metereolóxico e aprenderán para que sirve. Despois da visita, terá lugar o ContaContos, na libraría, no que os fenómenos metereolóxicos serán os protagonistas.

A Livraria Suévia celebra o Día da Metereoloxía cunha visita ao Observatorio e cun Contacontos cheo de fenómenos metereolóxicos
cartaz-día-Metereoloxía
Cartaz día da Metereoloxía

Contaranse varias historias, baseadas nos seguintes títulos:

  • La nube amarilla de Comotto. Ediciones Ekaré
  • Nublado con probabilidades de albóndigas de Judi Barrett. Corimbo
  • Quen pode vencer o vento? de Charo Pita. OQO editora
  • La cabeza en las nubes de Marc Solal. Kókinos
  • Despois da chuvia de Miguel Cerro. Kalandraka

Esta actividade busca promover o gusto pola lectura entre @s máis pequen@s e encádrase dentro do programa de actividades estables de promoción da lectura da Livraria Suévia. Ditas actividades son de balde e non é preciso inscribirse.

A Livraria Suévia celebra o Día da Metereoloxía cunha visita ao Observatorio e cun Contacontos cheo de fenómenos metereolóxicos