Axenda Cultural
Os ovos serán os protagonistas do ContaContos do próximo sábado
O próximo sábado 17 de marzo, ás 12h, a Livraria Suévia (r/Vila de Negreira, 32), acollerá unha actividade de promoción da lectura, dirixida a nenos e nenas a partir 3 anos co título "ContaContos con moitos Ovos". Un ContaContos cheo de animais fantásticos e de ovos, moitos ovos.... xa que temos a primavera as portas. Ao rematar, as nenas e nenos poderán decorar ovos, imitando a tradición dos pobos do norte de Europa.
15 mar 2018
Contaranse varias historias, baseadas nos seguintes títulos:
- A vaca que puxo un ovo, de Andy Cutbill de Patas de Peixe
- -O coelliño que quería un pastel de Fina Casalderrey de Rodeira
- -La oveja que incubó un huevo de Gemma Merino de Picarona
- -Huevos de Pascua de Kestutis Kasparavicius de Fondo Cultura Económica
- -A ansia de coello de Ramona Badescu de Edelvives
- -Cocorico de Marisa Núñez de OQO
Esta actividade busca promover o gusto pola lectura entre @s máis pequen@s e encádrase dentro do programa de actividades estables de promoción da lectura da Livraria Suévia. Ditas actividades son de balde e non é preciso inscribirse.