Asociación Veciñal Agra | nota de prensa

Pasarrúas e tres concertos para despedir a FoliAgra

Nesta fin de semana despedimos o programa da FoliAgra, a festa tradicional do barrio, cun pasarrúas en sábado e tres concertos en domingo.
Pasarrúas e tres concertos para despedir a FoliAgra
FoliAgra 2022
FoliAgra 2022

As nosas rúas serán o mellor destino para cantar, bailar e tomar uns aperitivos ou xantar este sábado: a Asociación cultural Donaire comezará o pasarrúas ás 12h. na praza das Cunchiñas e irán percorrendo as rúas anexas con música e pezas de baile (consulte neste enlace o percorrido) ate as 14:30h.

O domingo 26 de xuño pechamos o programa con tres concertos no auditorio do Centro Ágora:

  • Ás 12 h. a sesión infantil cun concerto de Magín Blanco e a banda das apertas.
  • Ás 19 h. actuación de dous grupos:

A entrada é de balde e non precisa reserva previa; as prazas ocuparanse por orde de chegada. Quen non poida chegar ao comezo dos concertos poderá entrar entre peza e peza.

Sabemos que o primordial dunha boa festa tradicional é ser punto de encontro ao aire libre, onde botar unha fala ou unha peza coa veciñanza e amizades. O noso barrio carece do espazo para facela con xeito. Hai anos facíase na praza das Cunchiñas, o espazo máis amplo de convivio do que dispuñamos no barrio; mais as sucesivas deformacións municipais lograron privala da necesaria multifuncionalidade, ata o extremo de que xa non hai onde pór un escenario nin terreiro para bailar unhas pezas. Por iso, en 2022 botamos man do único espazo público dispoñible no barrio (as rúas) e do marabilloso auditorio do Centro Ágora. Sendo o barrio máis poboado e recibindo á veciñanza da contorna non ha faltar o principal ingrediente, como di a copla tradicional: aquí está a boa xente, aquí está a xente da festa!

A ver cando teremos o parque da Agra para ter "campo da festa" onde celebrar tamén a FoliAgra!

Pasarrúas e tres concertos para despedir a FoliAgra