Distrito Mallos
O que fixemos no noso Centro Comercial Aberto Distrito Mallos e o que virá
Dende a diretiva queremos dar as grazas aos comerciantes pola súa participación e aos clientes polo seu apoio ao comercio local.
Especialmente aos establecementos que colaboraron con doazóns para esta campaña: Clinica BKdental, B.M. Melendi , Luces de Bohemia, Doble R Peluqueros, Borrón Dixital, Frutería A Campiña, Pizzería Pepe, La petite Arte Floral Novos Produtores.
Agora que o verán está a piques de entrar comezaremos un sorteo refrescante para animar a campaña de rebaixas* e seguir premiando a vosa fidelidade. Estade atentos a nosa APP EuMallos e as nosas redes, para estar ao día e poder participar e gañar premiazos co voso comercio de barrio.
Se non a tedes descargada buscade Eu Mallos na vosa Apple Store ou Play Store e levaredes todo un Centro Comercial no peto. Coa nosa APP terás unha guía comercial moi completa con enlaces directos a todas as nosas tendas, profesionáis e a nosa Hostalaría, unha tarxeta de fidelización con vantaxes por rexistrar as compras, novas promocións tódolos meses e unha sección de novas coa que estar ao día do noso comercio e o noso barrio .
Agora mesmo podedes atopar información, por exemplo, da nova campaña dos “Días Azuís” da Federación de Comercio Galego ca que conseguir premios tan só con rexistrar as vosas compras en www.diasazuis.com.Subindo os tikets do voso comercio local participaredes no sorteo de tarxetas prepago de 250€ e 150€.
Para pechar con sorpresas decirvos que estamos a colaborar cos veciños e veciñas que organizan as Festas dos Mallos na realización dun mercado chulísimo con tendas e artesáns do noso barrio. Terá lugar o domingo 30 de xuño na Plaza de San Cristovo (plaza da estación) amenizado cunha sesión vermú. Aproveitamos a dar as grazas á FUCC e o Concello pola axuda prestada.
Quedades convidados e convidadas a visitar este evento organizado con agarimo polas tendas do voso barrio e desexamos que o primer “Mercado da festa” teña moito éxito.
Felices Festas!
*Campañas cofinanciadas pola Xunta e Deputación da Coruña.