por unhas pensións públicas dignas

Este sábado, no Obelisco, concentración de Modepen

O Movemento en Defensa das Pensións súmase a unha convocatoria unitaria en todo o Estado, na que se denuncian as presións para privatizar o sistema de xubilación

Este sábado, no Obelisco, concentración de Modepen
12_ModepenMani
Concentración polas pensións. Sábado 15 de decembro ás 12:30h no Obelisco

 O Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (Modepen) convoca este sábado, ás 12.30 horas, no Obelisco, unha concentración cidadá para defender o sistema público de pensións, e denunciar que segue en grave perigo polo afán privatizador de bancos e institucións financeiras, que impoñen a súa cobiza ante a pasividade dos gobernos. 

O ano pasado impedimos o insulto que supuña o 0,25% de subida das pensións públicas, pero a loita non rematou. É moito máis longa, e só a gañaremos coa mobilización na rúa, coa colaboracion de pensionistas, mocidade, traballadores e traballadoras e persoas sen emprego.

Por iso, animamos a tod aa veciñanza a unirse á concentración do sábado para impedir que nos sigan mentindo e roubando. Coa unidade gañaremos esta loita.

Este sábado, no Obelisco, concentración de Modepen