Asemblea Republicana Galega | nota de prensa

Condena aos asasinatos perpetrados no valado de Melilla

Desde a Asemblea Republicana Galega queremos manifestar o noso máis profundo  repudio aos acontecementos do venres no valado de Melilla, onde se estima  provisionalmente que falecesen 23 persoas, (segundo o goberno de Alxeria e varias Ong a  cifra ascende a 37), víctimas das forzas represivas do Estado español e de Marrocos.  
Condena aos asasinatos perpetrados no valado de Melilla

Estas persoas, que intentaban pasar a fronteira, morreron a causa das feridas provocadas  pola policía ao serlles negada a asistencia médica.  

O goberno de coalición (PSOE, UP, PCE) é responsábel deste atentado contra os Dereitos  Humanos, non só por permitir os asasinatos, senón tamén por aplaudilos nun recente  discurso de Pedro Sánchez. O autoproclamado «goberno máis progresista da historia»  mostra a súa verdadeira cara contra a clase obreira para defender os intereses do capital.  Tamén merece mención o papel do monarca Felipe VI, que mantén silencio ante esta  matanza, convertíndose, novamente, en cómplice principal das agresións imperialistas no  norte de África.  

Nun contexto en que se celebra o Cumio da OTAN en Madrid, o Estado español alardea  do seu carácter servil aos intereses do imperialismo ianqui e europeo botando unha  man a Mohamed VI para reprimir a clase obreira marroquí. O proceso de fascistización  da sociedade segue adiante. As potencias imperialistas basean a súa economía na  depredación dos recursos de Estados máis febles, sendo necesario acudir ás guerras e  á represión explícita do movemento obreiro e popular. O limiar de violencia do Estado  burgués é cada vez máis elevado.  

A Asemblea Republicana Galega fai un chamado á clase traballadora e ás capas  populares galegas a organizarse para loitar por unha República Obreira e Popular que  renuncie ás agresións imperialistas como base do seu motor económico. Igualmente, esiximos ao goberno do Estado español que faga xustiza e procese os asasinos do valado  de Melilla, así como tamén que derrogue as leis que limitan as nosas liberdades, como a  lei «mordaza» ou a lei de estranxería.  

GOBERNO RESPONSÁBEL, GOBERNO CRIMINAL!! 
ABAIXO O RÉXIME DO 78!! 
POR UNHA REPÚBLICA OBREIRA E POPULAR!!

Condena aos asasinatos perpetrados no valado de Melilla