Acampa pola paz e o dereito a refuxio
A rede Acampa reclama aos grupos parlamentarios galegos o seu aval para o recoñecemento da figura de Refuxiado por Cambio Climático
As sináis son cada día que pasa máis evidentes. Lumes sen control en Australia e mais nos Estados Unidos. O Ártico perdendo a súa xélida identidade. Centroamérica asolagada por furiosos furacáns. As máis recentes tormentas de neve que paralizaron o centro de España e deixaron por semanas paisaxes propios da Rusia central. Mais a figura de refuxiado por cambio climático non existe no dereito internacional. E urxe ou millóns de persoas quedarán desamparadas.
Desde o 2018 no que a rede adicou o seu II Encontro Internacional Acampa pola Paz e o Dereito ao Refuxio aos desprazados por cambio climático estase a reclamar o recoñecemento desa categoría.
A Coruña, 12 de febreiro de 2021.- Os bimbios están. A ONU alerta que nos próximos trinta anos haberá entre 250 e 1.000 millóns de refuxiados climáticos fóra das súas comunidades e países por non dispoñer de auga e outros recursos para sobreviver. ACNUR constatou que desde 2009 en diante, cada segundo, unha persoa foi desprazada por un desastre ambiental, cunha media de 22.5 millóns de persoas desprazadas polo clima ou por eventos relacionados con el. En decembro do 2010 os Estados presentes na Conferencia de Cancún adoptaron un acordó invitando aos gobernos a incrementar as súas accións e medidas para mellorar a interpretación, coordinación ecooperación con respecto aos desprazamentos inducidos polo cambio climático así como a organizar unha migración e recolocación planificada, cando corresponda, a nivel nacional, rexional ou internacional. Na iniciativa Nansen (entre Suiza e Noruega, outubro do 2012) lembrouse aos Estados que sobre eles recaía a responsabilidade de protexer ás poboacións afectadas polo cambio climático ou os perigos ambientais. Doce anos máis tarde de todas esas alarmas, os pasos dados neste senso son cativos. Por iso, a Rede Acampa está pendente de reunirse nas próximas semanas cos grupos políticos con representación no Parlamento Galego para reclamarlles o seu aval. Queren que a Cámara galega traslade ao Parlamento español a esixencia do recoñecemento da figura de refuxiado por cambio climático nas súas correspondentes leis de migración e asilo.
O vimos ben a través do programa que conformou o II Encontro Internacional Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio celebrado na Coruña en xuño do 2018. “O crecemento económico sen límites, sen unha regulación que o free, desemboca nunha gran traxedia para a humanidade, conducíndonos a unha situación dramática sen volta atrás”, recorda o coordinador da rede, Xosé Abad. Lumes sen control en Australia e mais nos Estados Unidos. O Ártico perdendo a súa xélida identidade. Centroamérica asolagada por furiosos furacáns. As máis recentes tormentas de neve que paralizaron o centro de España e deixaron por semanas paisaxes propios da Rusia central. Os fenómenos meteorolóxicos adversos e extremos desembocan en catástrofes naturais e obrigan ás administracións a desembolsar grandes cantidades de diñeiro para palialas. Todo iso é o resultado da crise climática que poucos parecen tomar en serio. Os efectos do dano inflixido ao planeta pola man do home, e a súa incidencia directa nos desprazamentos de millóns de persoas que ven como o seu hábitat desaparece, facendo imposible a súa supervivencia, son palmarios. Para lembrar o Encontro Internacional sobre o tema, nesta ligazón accedese á edición sobre Refuxiados por Cambio Climático:
https://coruna2018.redeacampa.org/gl/programa/
Desde o 2018 Acampa pola Paz reclama o recoñecemento internacional da figura do Refuxiado Climático, non contemplada sequera pola normativa que regula o Dereito ao Asilo. Agora será o Parlamento Galego quen debe asumir unha Declaración Institucional nesa liña que poida ser replicada no Parlamento nacional e nas institucións europeas.