Entrevista a Fátima Anllo, veciña dos Mallos
"O pequeno comercio faime sentir agusto no barrio"
Chámome Fátima Anllo, son veciña dos Mallos, vivo en Ángel Senra dende que nacín
- ¿Haces tus compras en el comercio del barrio?
- Sí, así foi como me ensinaron os meus pais, e me parece o máis cómodo.
- ¿Crees que es importante que exista y sea fuerte el comercio de barrio?
- Para mín o pequeno comercio fai barrio, e creo que é un dos motivos máis importantes para facerme sentir a gusto onde vivo. É algo que lle fago ver ós meus fillos cada día, me gusta que coñezan á xente dos negocios porque fai que se sintan cómodos e seguros. O feito de que no noso barrio haxa tantos comerciantes que se están esforzando tanto en darlle vida ó entorno, é algo que ten gran valor. Teñen moito mérito e merecen todo o meu respeto.
- Desde tu punto de vista ¿qué debería mejorar el comercio?
- A verdade é que se nota que nos Mallos a xente da maioría dos negocios traballa moito para manterse activa e darse a coñecer, en xeral hai moi bo trato coa clientela, e variedade na oferta de produtos.
- Si los vecinos/as compraramos masivamente en el barrio, ¿nos beneficiaría?
- Dende logo, un barrio con movemento consigue unha boa oferta de comercios e variedade de negocios, e en consecuencia é un barrio atractivo e cómodo para vivir.
- ¿Quieres añadir algo más?
- Nesta época tan dura a nivel económico, penso que é importante recoñecer e agradecer ás persoas que se esforzan por manter ós seus comercios, porque axudan á veciñanza a ter un barrio vivo.
- Moitas grazas Fátima por atender esta entrevista para o xornal do barrio