xentes da agra

Xa fai seis meses que caeu o gordo no barrio da Agra

O gordo chegou ao barrio hai seis meses de mans de dous irmáns que levan a administración de loterías  La Diosa Fortuna
Xa fai seis meses que caeu o gordo no barrio da Agra
Cristina, de la Lotería calle Barcelona
Cristina, de la Lotería calle Barcelona

Cristina e José Luis García Méndez son os propietarios da Administración de Loterías número 27, situada nas Galerías Comerciais da rúa Barcelona número 56, co nome de La Diosa Fortuna. Esta administración é unha das máis antigas da cidade, xa que leva uns 40 anos aberta. Cristina e José Luis fixeronse con a xestión fai 7 anos.

O 22 de xuño cúmprense 6 meses desde que repartiron o gordo do sorteo de Nadal no barrio co número 05490. Foi un día inesquecible para eles e para moitos dos seus clientes, que recibiron unha gran alegría. Non é o único premio que saíu desta administración nos últimos tempos. Tamén deron unha bonoloto de uns 200.000 euros fai máis ou menos ano e medio. Ademais, repartiron pequenos premios de entre 2.000 e 5.000 euros a varios apostantes habituais. Unha primitiva de uns 90.000 euros antes do Nadal. O mesmo día que o gordo, tamén deron unha primitiva de 10.000 euros. E o 5 de xaneiro deste ano tamén deron unha primitiva de 5.000 euros a un veciño do barrio que sempre compra na súa administración. “Estamos moi contentos e é unha gran motivación, xa que o noso traballo é que a sorte saia das nosas mans e é unha gran alegría”, din.

A lotería chega sempre no mes de xullo. Do número 05490 tiñan 450 décimos, que é un cuarto do número completo, que é moito. Outro cuarto estaba na Fonsagrada, polo que a metade do gordo quedou en Galicia, repartido entre A Coruña e a Fonsagrada, e o resto foi para Madrid, Asturias e Almería.

Viron que tiñan moitos décimos dese número e empezaron a distribuílo entre os seus clientes, que son moitos negocios como perruquerías, restaurantes, cafeterías, empresas... Hai xente que escolle número e outra que lle dá igual, así que foron repartindo o 05490 entre todos.

Hai números que non lle gustan moito á xente, os que comezan por cero e rematan en cero, non son moi demandados, gustan máis outros.

Á Parrillada Gaucho Díaz deronlle 300 décimos que venderon entre os seus clientes e empregados. Eles venderon os 150 restantes aquí no barrio. Estivo á disposición de todos.

Deronse moitas situacións, xente que viu o número na tele e veu correndo a comprobar se era certo, xente que non se decatou ata días despois... Foi moi emocionante. Algúns celebraron o premio con champán e petiscos na propia administración. Outros foron máis discretos e gardaron o segredo. Cristina e José Luis din que están moi orgullosos e agradecidos de ter repartido tanta felicidade.

Remata Cristina: “Que siga correndo a sorte polo barrio, en este barrio maravilloso, cheo de vida e de cor, de diversidade que e maravillosa. Estamos no millor barrio da cidade, estamos encantados de traballar neste barrio.

E que decir -remata Cristina-, gracias, gracias, gracias.

Xa fai seis meses que caeu o gordo no barrio da Agra