Ecoloxistas irrompen na Xunta en Vigo contra o "atentado ambiental" de Altri
Unha ducia de activistas de Ecoloxistas en Acción e Greenpeace escenificaron hoxe unha protesta na sede da Xunta en Vigo para manifestar o seu rexeitamento á Declaración de Impacto Ambiental (DIA) favorable á fábrica de celulosa de Altri en Palas de Rei. As organizacións esixen transparencia e mobilización social contra un proxecto que consideran "lesivo" para Galicia.